Skip to main content
Uncategorized @gl

Os contaxios novos roldan os 250 por segundo día consecutivo

Por 21 Abril, 2022Sin comentarios

O virus volve superar a barreira dos dous mil infectados cun ritmo de contaxio de arredor dos 250 enfermos novos por xornada, coa hospitalización en descenso e un novo falecido. Así, hoxe hai 2.051 casos, 137 máis que onte, con 242 novos contaxios e 100 altas en 24 horas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 61.685 casos rexistrados e 331 persoas falecidas (unha máis que onte).

A presión hospitalaria cae. A UCI do Hula queda baleira e en planta hai 53 enfermos (6 menos), 34 están no de Lugo (8 menos), 9 na Mariña, 10 en Monforte (3 máis) e o Polusa tamén queda sen enfermos.

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

Subida importante de casos no Sur, con 16 casos en Monforte mentres caen en Ribadeo (11) e Foz (10).

O número de concellos limpos de covid é de 6 e son 34 os que teñen menos de dez casos (1 máis).

A Mariña

  • A Pontenova: 11.
  • Barreiros: 19 (7 menos).
  • Burela: 35 (2 máis).
  • Foz: 28 (10 menos).
  • Mondoñedo: 486 (2 máis).
  • O Valadouro: 13.
  • Ribadeo: 44 (11 menos).
  • Viveiro: 36 (1 menos).
  • Xove: 10.
  • Por debaixo de 10: Alfoz, Cervo, Lourenzá, Ourol, O Vicedo, Riotorto e Trabada.

Terra Chá

  • As Pontes: 34 (5 máis).
  • Castro de Rei: 13 (2 máis).
  • Guitiriz: 15 (3 menos).
  • Friol: 13 (2 máis).
  • Outeiro de Rei: 16 (3 menos).
  • Vilalba: 42 (3 menos).
  • Por debaixo de 10: Abadín, A Pastoriza, Begonte, Cospeito, Meira, Muras, Pol e Rábade.
  • Unha semana sen casos: Xermade.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 17.
  • Becerreá: 14.
  • Castroverde: 25 (2 máis).
  • Lugo: 356 (7 máis).
  • Palas de Rei: 28 (3 menos).
  • Pedrafita: 11 (2 menos).
  • Por debaixo de 10: Antas de Ulla, As Nogais, Baralla, Baleira, Cervantes, Guntín, Monterroso, O Corgo e Portomarín.
  • Unha semana sen casos: Navia de Suarna, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín.

Comarca de Sarria

  • O Incio,: 11.
  • O Páramo: 15 (2 menos).
  • Sarria: 59.
  • Por debaixo de 10 casos: Láncara, Paradela e Samos.
  • Unha semana sen casos: Triacastela.

Ribeira Sacra

  • Monforte: 70 (16 máis).
  • O Saviñao: 11.
  • Quiroga: 13 (3 máis).
  • Sober: 11.
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Chantada, Pantón, Ribas de Sil e Taboada.
  • Quince días sen casos: Folgoso do Courel.