Skip to main content
Lourenzá

O pavillón de Lourenzá acollerá unha exhibición de patinaxe artística

Por 25 Maio, 2022Maio 29th, 2022Sin comentarios

Este domingo 29 ás 12.30 horas o pavillón do Concello de Lourenzá acollerá unha exhibición de patinaxe artística. Así, terá lugar a exhibición de final de tempada na que entre todo os participantes realizarán un total de 18 coreografías.

Será unha xornada do máis amena que terá unha duración aproximada de hora e media.

Sen lugar a dúbidas este será un día sinalado na traxectoria da escola laurentina e dende a directiva queren recordalo ao grande, polo que piden a toda a veciñanza que asista ao evento.