Skip to main content
A Pontenova

A casa da cultura pontenovesa acolle a presentación do libro Fotografía matemática

Por 30 Maio, 2022Xuño 3rd, 2022Sin comentarios

A casa da cultura da Pontenova acolle o venres 3 de xuño ás 19.00 horasa presentación do libro Fotografía matemática no IES Enrique Muruais.

O departamento de matemáticas do centro pontenovés convocou un ano máis o concurso de fotografía matemática coa fin de amosar que detrás do máis cotiá podemos atopar agochadas as matemáticas. Combinando o punto de vista artístico pode dar lugar a fermosas fotografías.

Con esta actividade pretenden descubrir matemáticas botando unha ollada ao mundo que lles rodea.

Nesta presentación intervirán Tareixa Ferreiro Tallón, vicepresidenta da Deputación, Sabela Núñez Singala e Rubén Sanjurjo Muíña, autores do libro e profesorado de Matemáticas no IES Enrique Muruais, e Marta Alonso Mourelle e Eva Expósito Carballeira, alumnas participantes no Certame de Fotografía.