Skip to main content
Viveiro

María Loureiro pide abrir o albergue de Area durante todo o ano trala súa remodelación

Por 2 Maio, 2022Sin comentarios

 A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o tenente de alcalde, Jesús Fernández, visitaron con Fabiola García, conselleira de Política Social, as obras de remodelación do Albergue de Area.

“Quero agradecer a invitación da conselleira para visitar como quedaron as instalacións tras as obras levadas a cabo pola Xunta de Galicia”, asegura a alcaldesa.

O Albergue de Area foi obxecto dunha reforma integral, cunha actuación na que se incluíron melloras na fachada, cuberta e interior do inmoble.

“Concello e Xunta coincidimos na necesidade de darlle uso a estas instalacións ao longo de todo o ano; a conselleira manifestou que realizarán actividades fóra da tempada estival e amosou a súa disponibilidade a facilitar tamén o uso do albergue por parte do concello no caso de necesitalo”, engadiu Loureiro.