Skip to main content
Viveiro

O PP de Viveiro reclama mellorar as beirarrúas en O Pedregal e o parque da Ínsua

Por 3 Maio, 2022Sin comentarios

O PP reclama ao Goberno de Viveiro que adopte as medidas adecuadas para mellorar calzadas e beirarrúas en O Pedregal e o Parque da Ínsua. “O PSOE fai do concepto de igualdade, con hipocrisía digna de mellor causa, unha das bandeiras ás que se agarra no exercicio do populismo político que é propio do sanchismo”, din os populares viveirenses.

Os populares lembran que no Pleno de xullo do ano pasado presentaron un rogo no que denunciaban o mal estado das estradas na zona de A Pallaregas e a falta de sinalización. “Como nada se fixo ao respecto, os veciños da parroquia de covas seguen demandando o mantemento destas estradas e engaden outros puntos da parroquia nos que as vías están en moi mal estado”, din os populares. “No Pedregal, calzada e beirarrúa; no parque da Insua, un enclave turístico, está sen sinalizar, a estrada está en mal estado e a contorna necesita mantemento e limpeza”, engadn.

INTERNET

O grupo municipal popular presenta un rogo ao pleno para que o Concello faga as xestións necesarias para que os veciños do barrio de Escourido, en Covas, poidan ter acceso de calidade a Internet.

Os populares din que “a posibilidade de acceder ou non a Internet ten tal relevancia nos nosos días que, por si mesma, pode marcar a diferenza entre prosperidade ou pobreza, coñecemento ou ignorancia”. Sinalan que os datos de 2019 da Unión Internacional de Telecomunicacións con respecto ao acceso a Internet son reveladores: o 46,4% dos habitantes do planeta, 3.600 millóns de persoas, non están conectados a internet. Aclaran que “parte destes 3.600 millóns de persoas son os veciños do barrio de Escourido, lugar da parroquia de Covas”, que comunicaron aos populares “as súas queixas e preocupacións polo deficiente servicio a internet que teñen, os que o teñen”.

O grupo que ten por portavoz a Óscar Rodríguez solicita ao equipo de goberno do Concello “que estude a maneira de mellorar ou dotar do servizo de Internet aos veciños do barrio de Escourido, lugar da parroquia de Covas”.