Skip to main content
Viveiro

A anterior comisión organizadora do San Xoán de Covas retoma o seu labor de organización

Por 4 Maio, 2022Sin comentarios

As Festas de San Xoán de Covas no Concello de Viveiro xa se atopan en marcha trala decisión da anterior comisión organizadora de retomar o seu labor.

Así, Patri, Julio, Paula, Chus e Bernardo retomaron de novo as súas tarefas xa que dende o 2013 ao 2016 xa foron os organizadores, “vamos comezar esta semana a pedir colaboración veciñal así como á axuda do Concello, que se comprometeu”, di Paula Piñón, unha das membros da comisión.

Estes cinco rapaces deixaron a comisión no 2016 “porque era moito traballo e tiñamos nenos pequenos”, e este ano tralo comunicado da anterior comisión de non organizar as festas e sobre todo de que os fillos e veciños pedíranlles as seus pais que “non os deixaramos sen festas, que xa van dous anos”, decidiron volver coller as rendas.

“Da moito traballo e cada un ten os seus respectivos traballos”, di Paula, e “non sabemos como vai reaccionar á xente pois é necesaria moita colaboración e vimos dunha pandemia e unha crise coa suba dos prezos en alimentos e gasóleo”

Tamén adiantou que haberá sardiñada, dúas orquestra e alumeirada, pero ainda están concretando todas as tarefas e as actividades.

“Esperamos que haxa dúas orquestras e alumeirada, pero aínda estamos concretando”, engadiu Piñón, así, Covas volverá ter a súa tradicional fogueira de San Xoán con máis forza e ganas que nunca.