Skip to main content
Viveiro

Viveiro acollerá a III Festa da Xuventude os días 9 e 10 de xuño

Por 30 Maio, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

Viveiro acollerá a III Festa da Xuventude os días 9 e 10 de xuño e está organizada polas categorías inferiores do SD Viveiro.

Esta cita festiva contará con sesións vermús amenizadas por DJ, churrascadas desde ás 14.00 horas e actuacións musicais pola noite, a cargo do Combo Dominicano o xoves 9 de xuño  e Nueva Fuerza o venres 10.

A entrada ao evento é totalmente gratuita así como os autobuses que terán saídas desde Ribadeo, Foz, Burela, San Cibrao, Xove, Covas e Viveiro.

Dene a organización lembran que queda prohibida a entrada con bebidas do exterior e para máis información será necesario poñerse en contacto chamando aos teléfonos 629 86 43 57, 982 560 944 e 629 608 725, ou tamén nas redes sociais do SD Viveiro e do Hotel Louzao.