Skip to main content
Xove

Catro autoras galegas estarán nos Contos na leira do Lugar das Marías de Xove

Por 19 Maio, 2022Maio 20th, 2022Sin comentarios

O Lugar das Marías de Xove acolle para os meses de xuño e xullo o programa Contos na leira, no que presentaranse libros de autoras galegas con temáticas moi diversas.

Ditos libros tratan sobre a arte, a emigración, a arquitectura e a saúde mental mais cun fío condutor claro e preciso: dar voz a catro mulleres galegas que son referentes nos seus ámbitos.

Comezará o 5 de xuño ás 12.30 horas co vermú literario coa obra Colmeiro: cor e sentimento, da Fundación Seoane e a cargo de Mónica Alonso.

Seguirá o 23 de xuño ás 19.30 hora co solpor literario de María Alonso e a obra Migrantas. A nova diáspora galega contada por mulleres. O domingo 3 de xullo volverá o solpor literario con María novas e Arquitectura y género.

Xa por último, o vermú literio pechará o ciclo o día 30 de xullo ás 12.30 horas con Antía Yáñez e Non penses nun elefante rosa.