Skip to main content
Axenda Caducada

Organizan un taller de exercicio na terceira idade en Begonte

Por 2 Maio, 2022Maio 9th, 2022Sin comentarios

O Concello de Begonte, en colaboración coa Escola Galega de Saúde organizan o próximo 9 de maio un curso  gratuíto dirixido a pacientes, familiares, coidadores/as de persoas dependentes e cidadanía en xeral sobre exercicio e ocio saudable na terceira idade.

O obxectivo do mesmo é desenvolver actividades físicas que atrasen o envellecemento e a perda de masa corporal favorecendo a prevención de enfermidades; coñecer a importancia do estilo de vida (ocio) no benestar persoal e mantemento do contacto directo da persoa co entorno, e conseguir un descanso/sono satisfactorio que lle permita realizar as actividades da vida diaria sin que supoña esforzo e con un estado de tranquilidade.

O curso será impartido polo docente Enrique del Arco Herrero, Licenciado en Farmacia e Técnico en Prevención de Riscos, en horario de 16.30 a 19.00 horas. Dentro do programa trataranse diferentes temas: 

  • Beneficios do exercicio físico para a saúde física, intelectual e emocional.
  • A ocupación do tempo libre como forma de satisfacción e/ou terapia.
  • Tipos de ocio, individual/grupal de actividades activas/pasivas.
  • Coñecer as necesidades/hábitos/costumes e alteracións que interfiren no sono (insomnio, dor, sono diúrno, fármacos, nicturia…).
  • Factores biolóxicos que inflúen no sono: idade, nutrición, estado de saúde.
  • Condicións que favorecen e dificultan o descanso/sono.
  • Interrelación da necesidade descanso/sono con outras necesidades: oxixenación, alimentación, eliminación, manter postura adecuada…

As inscricións estarán abertas ata o 6 de maio e o número de prazas está limitado. Esta pode facerse en deportes@concellodebegonte.es, no teléfono 982 396 143, no whasapp 619 455 026 ou presencialmente no propio Concello.