Skip to main content
Axenda Caducada

Tras tres anos, volven os maios e a Foliada de Primavera de Castiñeiro Milenario

Por 4 Maio, 2022Maio 7th, 2022Sin comentarios

Despois de tres anos, volven as foliadas a Castiñeiro Milenario. O sábado 7 de maio, a partir das seis da tarde no local do Pobo da Asociación Veciñal do Castro, guiados por Branca Villares, farase un maio, “fermoso e florido, para dicir ata nunca a este longo inverno e saudar a entrada da primavera”. Consistirá na recollida de flores, fentos e xestas pola zona antes de cantar unhas pezas arredor de nenos e maiores.

Despois do maio contarán con Xes O Mago, un rapaciño que nos vai engaiolar cos seus trucos e que vai a actuar por primeira vez en público, algo que, sen dúbida, nos enche de orgullo e satisfacción.

Ao remate haberá uns petiscos para repoñer forzas e encarar a primeira foliada postpandémica na que contarán  con Foliadeir@s do Castro, a presentación de Treitoira e despois, foliada libre.

Dadas as circunstancias especiais aconsellean intentar gardar as distancias de seguridade e o uso do tapabocas no interior do local, aínda que a idea é facer a maior parte da festa no exterior.