Skip to main content
Axenda CaducadaXove

Todo preparado para o XXVII Torneo Concello de Xove de Ximnasia Rítmica

Por 6 Maio, 2022Xullo 12th, 2022Sin comentarios

Todo preparado para celebración do XXVII Torneo Concello de Xove de Ximnasia Rítmica, unha das competicións deportivas de rítmica con máis solera da provincia, e que se vai celebrar mañá, sábado 7 de maio no pavillón municipal de Deportes de Xove .

O torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Deporte e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, vai comezar pola mañá ás 11.00 horas, coa presencia de 7 equipos de toda a provincia, o Club Xirandela, Club Quicela, Escola Ximnasia Porta Norte, Club Filigrana, Club Violeta, Club Ximnasia Viveiro e Escola Municipal de Xove.

A competición desenvolverase nunha dobre sesión de mañá de 11.00 a 14.00 horas e pola tarde 16.30 a 18.30 horas.