Skip to main content
A Fonsagrada

A Fonsagrada publica as bases para inscribirse no campamento de verán

Por 25 Maio, 2022Sin comentarios

O Concello da Fonsagrada presenta a súa oferta lúdica para este verán. E é que o vindeiro día 1 de xuño abrirá o prazo de presentación de solicitudes para participar no campañemtno de verán organizado polo Concello.

Esta actividade estaá concebida para dotar aos nenos das ferramentas precisas para lograr a súa autonomía e independencia, fomentando a convivencia, a cooperación, o respecto, unha forma de vida saudable e o achegamento ao medio natural, ao deporte e á cultura.

O campamento vai dirixido a todos os nenos e nenas nacidos dende o 1 de xaneiro de 2011 ata o 14 de xullo de 2018, ambos incluidos, empadroados no Concello da Fonsagrada.

No caso de que queden prazas libres, poderán acceder a este servizo, usuarios no empadroados que esteán matriculados nun centro educativo da localidade ou que os pais traballen no termo municipal. Por último, poderán inscribirse outros nenos non empadroados, se quedara algunha praza libre.

O prazo de inscrición abrirase o vindeiro 1 de xuño e permanecerá ata o 15. De ser o caso, segundo informa o Concello, coa finalidade de establecer a orde de prioridade, deberase adxuntar un informe do centro de estudos ou un certificado da empresa dos pais de nenos non empadroados no municipio. A solicitude presentarase no rexistro do Concello de luns a venres entre as 09.00 e as 14.00 horas.

A adxudicación de prazas será de xeito directo por estrita orde de recepción das solicitudes; abrirase ademáis unha lista de agarda no caso de que a demanda supere o número de prazas.

As actividades terán lugar en dúas quendas coa posibilidade de elixir unha delas ou as dúas. Así, hai a opción A do 18 ao 31 de xullo, a opción B do 1 ao 14 de agosto (ambos, cun prezo de 50 euros) ou ben, a opción C, do 18 de xullo ao 14 de agosto (cun prezo de 100 euros).

O campamento terá lugar de luns a venres entre as 10.00 e as 14.00 horas no IES Vello.