Skip to main content
Lugo

O BNG organiza un acto público en Lugo contra a suba de prezos

Por 19 Maio, 2022Sin comentarios

O Bloque Nacionalista Galego organiza para mañá un novo acto público enmarcado na campaña Contra a suba de prezos, fagámonos valer!.

O acto terá lugar mañá, 20 de maio, ás 20 horas na praza Anxo Fernández Gómez, e intervirán, xunto coa Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón, o tenente alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, a vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, e representantes de sectores afectados pola crise dos prezos.

O tenente alcalde de Lugo e portavoz municipal do BNG, Rubén Arroxo, afirmou que “o empobrecemento das clases populares deste País é insoportábel, por isto, desde o BNG defendemos un decálogo de medidas urxentes para paliar esta situación, como por exemplo aplicar unha fiscalidade máis xusta, incrementar as pensións e os salarios máis baixos, intervir no sector eléctricos ou baixar o IVE dalgúns bens e servizos básicos”

Arroxo convidou á veciñanza a participar no acto deste venres “para coñecer as propostas do BNG ante esta situación, e as visións de diferentes representantes de sectores afectados que están convidados”.