Skip to main content
Lugo

Conta atrás para rematar as obras da Mosqueira

Por 22 Maio, 2022Maio 26th, 2022Sin comentarios

O Tenente Alcalde de Lugo, Rubén Arroxo xunto co edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, e persoal técnico municipal visitaron a Mosqueira onde se colocou o céspede das zonas verdes. Rubén Arroxo destacou que “damos un paso máis para rematar a humanización da Mosqueira, unha actuación que será un exemplo de como gañar espazo peonil arredor da Muralla”.

Os traballos na praza da Mosqueira que se están a executar nestas semanas consisten na habilitación das zonas verdes. Nos últimos días colocáronse tamén as árbores ornamentais, Prunus globosa, unha especie que non produce alerxias, e permitirá que a Muralla manteña o protagonismo na praza.

A nova praza da Mosqueira será un espazo multiusos, con zonas verdes e espazo para a realización de actividades culturais e de ocio, na que se respectará a visión dos arcos da Mosqueira e do edificio racionalista do arquitecto Eloy Maquieira. O proxecto foi realizado co obxectivo de avanzar na mellora da percepción visual da Muralla, e a zona inferior, próxima á porta de San Pedro, conta cunha pavimentación novidosa en Lugo, que alterna céspede e baldosas.

A Mosqueira acollerá unha estatua dunha polbeira, elaborada polos artistas locais Honorio e Jorge Espiral, esta intervención será unha homenaxe a todas as polbeiras que se colocaban nesta zona cada feira de San Froilán. A estatua representará un anaco da historia de Lugo e lembrará a todas as mulleres que realizaban este traballo.