Skip to main content
Lugo

Máis de 400 actividades encherán o Arde Lvcvs dende o 9 de xuño

Por 23 Maio, 2022Sin comentarios

A alcaldesa de Lugo e o edil de Xuventude, Lara Méndez e Mauricio Repetto, xunto a membros dalgunhas das asociacións participantes, presentaron hoxe en Lugo o programa oficial do Arde Lvcvs 2022.

Máis de 400 actividades que encherán catro días de celebración. Do 9 ao 12 de xuño, Lugo voltará ao pasado grazas a financiamento público e privado así como ás 19 asociacións que organizan un cento de actividades diarias espalladas por toda a cidade.

As festas darán comezo o día 9, como xa é tradicional, coa entrada das lexións romanas ao mando do xeneral Caio Antistio ‘O Vello’, que tomarán a cidade dende a Ponte Romana. Ese día, ademáis acenderase o lume que Lugo manterá durante toda a fin de semana.

Pero a festa grande arrancará o venres, coa apertura ás 17 horas do Macellvm, A Castra e os diferentes campamentos castrexos e romanos. Será a primeira oportunidade para acceder aos bautizos celtas ou as vodas romanas que terán lugar tanto o venres coma o domingo.

A gran novidade que o Concello presentou este ano é un espectáculo de realidade aumentada en 5D que albergará a Mosqueira. Baixo o nome de Tempvs de Lvcvs Avgvsti, tematizarán en tempo real a época de esplendor de Lugo no século I, recreando a muralla romana na súa altura orixinal. Ademáis, veranse romanos paseando no adarve, permitindo aos espectadores integrarse na época, axudando a achegar a historia de Lugo a través das novas tecnoloxías. Terá lugar, venres, sábado e domingo durante a celebración da festa.

Ademais, ese mesmo día, a praza de Santa María acollerá o concerto dos escoceses Saor Patrol.

O domingo abrirán o programa os escolares lucenses co Desfile dos Scholarum no que 19 colexios vestiranse de castrexos e romanos para percorrer as rúas do casco histórico. O broche de ouro ás festas corre a cargo das Tanxugueiras que pecharán a edición máis agardada do Arde Lvcvs, cun concerto na praza de Santa María.

Asemade, como cada ano, o teatro e as actividades infantís estarán presentes por todo o casco histórico.