Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O Maristas coróase bicampión galego

Por 24 Maio, 2022Sin comentarios

Ledicia no equipo Maristas que se converteu en campión por segundo ano consecutivo tras acadar o título galego. Os lucenses vencían na final de Porriño aos locais, PBB A, nun 78-59 para a lembranza.

O Maristas comezou indo un paso por diante, pero o Porriño seguíalle a pasos curtos grazas a Haile que fixo 23 puntos na primeira metade. Tralo descanso, os lucenses recuperaron a defensa e foron aumentando a vantaxe paseniñamente. Foi no último tempo, cando o Maristas colleu máis forzas para levarse o campionato galego.

No último tempo, ademáis, o adestrador, Óscar Engroba, sacou á cancha a todos os seus xogadores, que colaboraron na segunda vitoria consecutiva do equipo.