Skip to main content
Portomarín

Licitadas as obras de mellora en dúas vías de Portomarín

Por 16 Maio, 2022Sin comentarios

O Goberno provincial vén de informar da próxima mellora que realizará a Deputación no firme de dúas estradas da súa titularidade do concello de Portomarín.

Con 260.000 euros o Executivo provincial arranxará un treito de 3 quilómetros na LU-P-4902, que comunica o Alto do Valiño con Valdeporras por Vilaxuste. Dentro dese mesmo orzamento, a Deputación traballará na LU-P-4909, de Toxibó ás Neves, onde se acondicionará a estrada desde o punto quilométrico 2 ao 3,235.

A Xunta de Goberno vén de aprobar a licitación destes traballos que, unha vez iniciados, terán un prazo de execución de 3 meses.

Estas actuacións contemplan a apertura de cunetas, drenaxe e limpeza, saneamento das capas existentes nas zonas con deficiencias, pavimentación e sinalización das vías mediante marcas reflexivas brancas.

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, sinalou que esta é unha actuación “moi importante para Portomarín, para a comarca e para toda a provincia polo que supón para as comunicacións do propio concello, moi frecuentado por visitantes e peregrinos durante todo o ano”.

A LU-P-4902 é moi empregada pola veciñanza e os visitantes porque conecta varias parroquias e coa N-540 que vai cara Ourense, e é unha vía de saída da capitalidade de Portomarín. Pola súa banda, a LU-P-4909 dá un importante servizo á veciñanza e ás explotacións gandeiras da zona.