Skip to main content
Chantada

A biblioteca de Chantada organiza un Certame de Narración e Debuxo Infantil polas Letras Galegas 2022

Por 1 Maio, 2022Maio 2nd, 2022Sin comentarios

A biblioteca municipal de Chantada organiza un Certame de Narración e Debuxo infantil polas Letras Galegas 2022. Este certame celébrase en colaboración coa Biblioteca Provincial e ten dúas modalidades nas que poden participar os menores de 16 anos.

A primeira modalidade é a de narracións en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara sobre o tema “O que pasa ao meu arredor”: observa o mundo. O obxectivo é que os nenos miren ao seu arredor que indiquen que pasa, que ven, como se senten. Poden contar o que ven, o que senten, o que pensan.

Tamén se poden presentar debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño DIN A4, sobre o tema “O que pasa ao meu arredor” co mesmo obxectivo que as narracións.

Cada participante pode presentar tantos traballos como desexe e presentarse ás dúas modalidades (narración e debuxo). As narracións poden estar escritas a ordenador ou a man pero con bolígrafo, non se admiten a lapis.

Establécense tres categorías no certame:

  • Nenos e nenas ata 8 anos.
  • Nenos e nenas de 9 a 11 anos.
  • Nenos e nenas de 12 a 16 anos.

Os traballos deberanse entregar na biblioteca municipal onde se cubrirá un impreso cos datos persoais dos participantes.

Premiaranse tres traballos por categoría e modalidade que serán enviados á Biblioteca Provincial que competirán de novo cos premiados nas distintas bibliotecas da provincia.

O prazo de recepción dos traballos remata o 16 de maio.