Skip to main content
Monforte

O XXIX Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte remata coa entrega de premios

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, entregou os premios correspondentes ó XXIX Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte, convocado e organizado polo Concello de Monforte a través da súa Concellería de Cultura e que se celebrou dende o 27 de abril ata o 18 de maio no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.

O alcalde estivo acompañado pola 1ª tenente de alcalde do Concello, Gloria Prada, a concelleira de Cultura, Marina Doutón, e o concelleiro de Servizos, José Luís Losada.

Tras o visionado dun vídeo resumo das actuacións dos diferentes centros educativos participantes, o rexedor monfortino fixo entrega a cada un dos representantes de ditos centros da gravación das obras representadas nun lápiz de memoria personalizado co logo do Concello e o nome do certame, así como dun diploma acreditativo para cada un dos participantes.

Os centros educativos que recibiron o galadón foron:

  • CEE Infanta Elena, coa obra Los sueños de Cloti.
  • Colexio Ferroviario, coa obra A estatua.
  • CEIP A Gándara, coa obra O testamento do tío Nacho.
  • CEIP de Monforte, coa obra Vida e cores.
  • IES Río Cabe, coa obra O soño do Novelo nunha noite de verán.
  • IES A Pinguela, coa obra A rateira.

E a obra de Prodeme (asociación convidada), Néboa no bigote, está pendente de ser escenificada, xa que no día previsto non se puido representar debido a un brote de coronavirus entre algúns dos actores