Skip to main content
BegonteDeportes TERRACHÁXA

Begonte contará en xuño cunha nova edición do campus de fútbol sala

O Concello de Begonte acollerá do 27 de xuño ao 8 de xullo unha nova edición do campamento de verán que contará tamén coa celebración do Campus Mixto de Fútbol Sala.

O Concello establece un total de 50 prazas para as que xa está aberta a inscrición, que poderá facerse ata o 22 de maio e será por rigurosa orde de solicitude. Para apuntarse haberá que facelo a través dun enlace que está publicado nas redes sociais do Concello.

O campamento está dirixido a nenos de 4 a 16 anos e contará con actividades diversas, como surf, tiro con arco, pista de xeo, paintball láser, multideporte, parque acuático, kayak e fútbol sala, con visitas de xogadores e adestradores profesionais.

O horario do campamento será de luns a venres de 9.30 a 13.30 horas con servizo de madrugadores para os que o necesiten cun suplemento de dez euros sobre o 100 que ten de custo o campamento para os escolarizados en Begonte e alumnos das escolas deportivas. O prezo xeral será de 125 euros con descontos para os irmaos.

Os que desexen máis información poden poñerse en contacto coa organización no teléfono 629 958 973.