Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAGuitiriz

Guitiriz acollerá este domingo o torneo de ximnasia rítmica da Terra Chá

Por 26 Maio, 2022Maio 29th, 2022Sin comentarios

Este domingo, 29 de maio, o pavillón municipal Jonathan Carro Paz acollerá desde as 17:30 horas o Torneo Terra Chá das escolas deportivas de ximnasia rítmica no que participarán 9 agrupacións da comarca.

No evento, organizado polo Concello de Guitiriz en colaboración co Club Violeta, participarán as escolas de Guitiriz, Rábade, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Castro Riberas de Lea, Cospeito, Vilalba, Begonte e o propio Club Violeta.