Skip to main content
As Pontes

A Casa do Mel de Goente celebra este sábado o Día da Abella

Por 20 Maio, 2022Maio 22nd, 2022Sin comentarios

A Casa do Mel de Goente celebra esta fin de semana o Día da Abella, cun programa de actos para todas as idades.

Así, abrirá a sesión no auditorio Casa Dopeso das Pontes coa presentación Pequenos Apicultores. Continuarán con dúas charlas, a priemira, ás 17.00 horas sobre os riscos da apicultura, a cargo de Iago Vilela, enxeñeiro de Montes.

A segunda fundamentarase na nutrición apícola e encargarse o veterinario Javier Fontaiña.

Finalizará a xornada coa entrega de premios da XVI Cata de mel, prevista para as 19.30 horas. Para asistir será necesario inscribirse antes na propia Casa do Mel ou mesmo no teléfono 661 003 616.

Ao día seguinte, domingo, será a vez dos máis pequenos, xa que a partir das 16.30 horas haberá actividades infantís na Casa do Mel vinculadas tamén a Api-ruta.

A Casa do Mel de Goente celebrou este mes 19 anos de vida tras ter chegado aos 500 socios. A entidade ten en marcha o proxecto de creación dunha coopertiva.