Skip to main content
As PontesAxenda Caducada

As Pontes acolle o día 18 a primeira Romaría das Merendas

Por 30 Maio, 2022Xullo 12th, 2022Sin comentarios

O grupo de música tradicional No Cómbaro, coa colaboración do Concello das Pontes, organiza a primeira Romaría das Merendas.

Un día enteiro de música e diversión, ambientado nos anos 50, na Fraga de Dona Rita, e na que se recuperará o esplendor dunha romaría de sempre

Esta celebración está aberta a todos os públicos e só é preciso levar unha mantiña, unha cesta coa comida e moitas ganas de diversión. Será o sábado 18 de xuño.

O programa arracará ás 13.00 cunha sesión vermú que se prolongará ata as 15.00 horas. Continuará as merendas e de 7.00 a 22.00 horas haberá unha foliada estelar coa participación de Os do Xalo, Batifoula, Pan.Sen.Fron, Airiños do Eume, Son d’Aquí, Aquí e Alá, Charanga Alxibeira, Maghúa, Canavella e No Cómbaro.