Skip to main content
BurelaDeportes AMARIÑAXA

As guerreiras laranxas non puideron facerse coa Liga

Por 25 Xuño, 2022Sin comentarios

O Pescados Rubén FSF non puido gañar ao Futsi Navalcarnero e facerse coa súa quinta Liga. Malia que pelexaron ata o final non conseguiron remontar o encontro.

O Pescados Rubén Burela non puido revalidar o seu título de Liga tras perder (6-3) ao Futsi Atlético Navalcarnero.

As guerreiras laranxas e o Futsi medíronse na búsqueda do título de Liga no Polideportivo Municipal La Estación, despois de empatar 2-2 no Vista Alegre o mércores 22 de xuño.

Comezaba esta final cun gol do Futsi no que Ari disparaba a porta e rebotou na defensa (1-0), ao que respondeu a laranxa Dany no minuto 3 igualando o marcador (1-1).

Xa no minuto 12 repetíase a xogada na que Ari volvía a poñer por diante ás madrileñas (2-1) e a burelesa Peque respondía un minuto despois empatando o partido (2-2). A escasos minutos do descanso, Anita Luján cun disparo dende fora da área que bateu por debaixo a Jozi puxo por diante ao Navalcarnero (3-2).

Ao volver do descanso, o Futsi Atlético volvía marcar (4-2) o que complicaba un pouco o partido para as mariñás e as cales tiveron varias oportunidades para disparar a porta.

As laranxas sacaron en varias ocasións a porteira-xogadora para ter algunha oportunidade máis, malia o bo xogo das madrileñas e unha tarxeta vermella para Bea Mateos fixo que o Futsi se volvese a adiantar no marcador cun gol de Irene Córdoba (5-2).

Minutos máis tarde houbo unha confrontación nun saque de banda o que trouxo unha tarxeta amarela á burelesa Jenny e unha vermella a Ari do Futsi. E no minuto 35 Ale de Paz anotou un gol para as burelesas (5-3)

Durante os último minutos, as laranxas mostrábanse algo mellor, presionando a en toda a pista ao Futsi, ás cales non lles cedían ningunha oportunidade e o que fixo que a falta dun segundo marcaran o derradeiro gol do partido (6-3) e facendo que a Liga vaia a Madrid.