Skip to main content
Foz

Releva na presidencia da Fundación Martínez Otero

Por 4 Xuño, 2022Sin comentarios

Onte deixou o seu cargo de presidente da Fundación Martínez Otero Antonio Rodríguez Basanta, actual párroco de San Julián en Ferrol e anteriormente Vicario Xeral da Diócese de Mondoñedo/Ferrol.

A partir de agora substitúeo no cargo Antonio Valin Valdés, párroco de Foz e actual Vicario Xeral da devandita Diócese.

Tras estes últimos 16 anos ao fronte da Fundación, “queremos darlle as grazas polo seu bo facer, desexarlle sorte nesta nova etapa e recordarlle que esta segue sendo a súa casa”, dixeron os seus compañeiros no acto homenaxe.