Skip to main content
A Pontenova

A Pontenova abrirá a piscina municipal o 1 de xullo

Por 28 Xuño, 2022Sin comentarios

O Concello da Pontenova informou da apertura da piscina municipal e que será a partir do 1 de xullo ás 15.00 horas. As instalacións manteranse abertas de luns a domingo de 13.00 a 21.00 horas.

Esta piscina e as instalacións deportivas que se atopan ao seu arredor están a tan só cinco minutos camiñando desde A Estación. Conta con dúas canchas de tenis, unha pista polideportiva descuberta, dous pavillóns polideportivos cubertos e un frontón cuberto.