Skip to main content
Ribadeo

A área de Igualdade de Ribadeo organiza unha charla sobre a endometriose

Por 23 Xuño, 2022Xullo 15th, 2022Sin comentarios

No marco da campaña para dar visibilidade á endometriose, a área de Igualdade do Concello de Ribadeo e o CIM, en colaboración coa asociación QuerENDO, convidan a participar da charla Endometriose, a epidemia oculta.

Este encontro terá lugar o mércores 29 de xuño ás 20.00 horas no salón de actos da Escola de Música ubicada na rúa Clemente Martínez Pasaron, 10.