Skip to main content
Axenda CaducadaFoz

A parroquia de Santa Cecilia, en Foz, celebrarán as festas en xullo

Por 12 Xuño, 2022Xullo 10th, 2022Sin comentarios

A fin de semana do 8, 9 e 10 de xullo na parroquia de Santa Cecilia no Concello de Foz, celebrarán unha festa popular pola honra á Virxe do Carme.

O venres 8 será a gran churrascada ás 21.00 horas e a continuación verbena coa orquestra Galilea e Discoteca Móbil.

Xa na xornada do sábado 9 haberá misa solemne ás 13.00 horas seguida de procesión e sesión vermú co grupo Montreal que ademais será o encargado de animar a festa da noite xunta coa orquestra Oca Band.

O derradeiro día, o domingo 10 de xullo, repetirase o oficio relixioso ás 13.00 horas, a procesión e sesión vermut con grupo Lume.

A organización informa de que disporán de carpa e amplos aparcamentos.