Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

23 grupos daranse cita na Mosqueira as fins de semana do verán

Por 15 Xuño, 2022Agosto 27th, 2022Sin comentarios

A área de Cultura do Concello de Lugo vén de presentar a terceira edición do ciclo de concertos Muralleando, que este ano contará cun novo escenario. Así o explicaron o tenente alcalde, Rubén Arroxo e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, que avanzaron que o Goberno local abrirá a nova Praza da Mosqueira ás distintas agrupacións musicais de Lugo.

En total, 23 agrupacións mostrarán a súa música con concertos gratuítos que terán lugar os venres e sábados, a partir das 20:30, entre o 17 de xuño e o 27 de agosto.

Maite Ferreiro lembrou que “os concertos do Muralleando apareceron xusto despois do confinamento, no ano 2020, co obxectivo de animar con música os distintos paseos das veciñas e veciños ao redor da Ronda da Muralla e ao mesmo tempo colaborando co tecido cultural local, que vira anulados moitos eventos”, e afirmou que “dous anos despois xa está consolidado como unha das actividades culturais máis importantes para os meses de verán, continuando co espírito de ser o punto de encontro das agrupacións locais, e que este ano se ubicará na renovada Praza da Mosqueira, un espazo que está destinado a ser importante na programación cultural, e que despois do Muralleando acollerá un dos escenarios do San Froilán”.

Ferreiro destacou que a nova praza da Mosqueira “permite organizar actividades culturais e de ocio respectando a visión da gran concentración de patrimonio que hai nesta zona”, en referencia á propia Mosqueira e ao edificio racionalista do arquitecto Eloy Maquieira.

PROGRAMA

Xuño
17 – Mixtape
18 – Suda K S
24 – Caivanca
25 – Galician Army
30 – Banda Filarmónica de Lugo

Xullo
1 – Adrián Vigo
2 – Reviravolta
8 – Man de santo
9 – El último burro
15 – Branca Villares e Pablo Pintor
16 – Arrhytmia
22 – Proxecto Valley
23 – Milesios
29 – Minton’s Jazz
30 – Trinitá

Agosto
5 – Iria Estévez
6 – Filophóbicas
12 – Planeta B
13 – Carmela
19 – Vrásica
20 – The lonely tracks
26 – Airiños da freba
27 – Untides