Skip to main content

A covid continúa subindo e achegándose de novo ata os mil casos activos debido á escaseza de altas e con contaxios novos diario preto dos cen.

Así, hoxe hai 949 casos, 47 máis que onte, con 94 novos contaxios nas últimas 24 horas e 52 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 68.615 casos rexistrados e 351 persoas falecidas.

A presión hospitalaria mantense alta. Na UCI do Hula hai 2 pacientes (1 menos) e en planta son 45 enfermos (5 máis), 38 están no de Lugo (5 máis), 3 na Mariña e 4 en Monforte.

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

Actualmente hai 7 concellos limpos de covid (2 máis que onte) e 9 por riba dos dez casos de covid (1 menos).

A Mariña

  • Viveiro: 27 (5 máis).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, O Valadouro, O Vicedo, Ribadeo, Riotorto, Trabada e Xove.

Terra Chá

  • As Pontes: 16 (6 máis).
  • Castro de Rei: 12 (1 máis).
  • Cospeito: 11.
  • Outeiro de Rei: 14 (1 máis).
  • Vilalba: 23 (6 máis).
  • Por debaixo de 10: Abadín, A Pastoriza, Begonte, Guitiriz, Meira, Muras, Pol, Rábade e Xermade.
  • Sen casos nunha semana: Friol.

Comarca de Sarria

  • Sarria: 20 (4 máis).
  • Por debaixo de 10 casos: Láncara,  O Páramo, Paradela e Samos.
  • Sen casos nunha semana: O Incio e Triacastela.

Centro da provincia

  • Lugo: 166 (6 menos).
  • Por debaixo de 10: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Baralla, Castroverde, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, O Corgo, Palas de Rei e Portomarín.
  • Unha semana sen casos: Becerreá e Pedrafita.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín

Ribeira Sacra

  • Chantada: 14.
  • Monforte: 34 (5 máis).
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.