Skip to main content
Antas de Ulla

A Banda de Música de Antas estrea director

Por 1 Xuño, 2022Sin comentarios

A Banda de Música de Antas de Ulla dá a benvida ao seu novo director.

Andrés Álvarez Toirán, un mozo natural de Láncara que comezou os seus estudos profesionais no Conservatorio Xoán Montes de Lugo e rematou no Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela. Asemade, cursou os estudos superiores de música no Conservatorio Superior de Música da Coruña.

O Concello de Antas anuncia, neste senso, un evento de fin de curso, o vindeiro 18 de xuño no que participarán todos os alumnos da Escola de Música, admeáis da actuación da Banda polo San Xoán.

O músico chega á Banda de Antas logo de tocar en diversas ocasións con ella, levando sempre unha “moi boa impresión” da formación. Álvarez Toirán avanzou, asemade, o futuro da formación municipal e que pasa por manter o valor cultural que xa ten a banda e que a calidade musical sexa “unha premisa fundamental no noso traballo diario”.

Entre outros retos, o novo director intentará incrementar o alumnado da Escola de Música “un aliciente que garante o futuro da formación e que nos anima a seguir traballando”.