Skip to main content
Castroverde

Coidados porta a porta chega en xuño a Castroverde

Por 11 Xuño, 2022Sin comentarios

O Concello de Castroverde contará coa visita da unidade móbil de Coidados porta a porta os vindeiros 17, 20, 21 e 22 de xuño. Esta iniciativa de saúde, financiada a través dos Fondos Europeos Next Generation, achega aos maiores de 55 anos as consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria.

O servizo estará situado na explanada dos autocares, na rúa alcalde Xetas, ao lado do CPI de Castroverde, segundo informa o Goberno local.

Os servizos, que se prestarán, preferentemente baixo cita previa, ás persoas que se acheguen, serán o de audioloxía, cunha revisión e unha valoración auditiva; o de podoloxía, para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés;  o servizo de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas co que se farán probas de valoración cognitiva, exercicios e actividades de estimulación funcional e envellecemento activo, prevención da soidade non desexada e promoción da autonomía persoal.

Para reservar cita, ou solicitar máis información, pódese facer nos teléfonos 622 748 283 ou no enderezo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

As unidades móbiles dispoñen de acceso para persoas con mobilidade reducida (conta con plataforma elevadora).