Skip to main content
Castroverde

A unidade móbil de doazón de sangue chega para a semana a Castroverde

Por 26 Xuño, 2022Sin comentarios

O Concello de Castroverde recibirá o vindeiro sábado, 2 de xullo, a unidade móbil de doazón de sangue. Así o informan dende o Goberno Local que explican que o autobús estará dende ás 12.30 e ata as 15.00 horas ao carón do Concello.

Lembran, asemade, que para ir a doar hai que almorzar. Ademais, os interesados en doar sangue deberán ser maiores de 18 anos e pesar máis de 50 kg, levando a tarxeta de doante de sangue ou ben algún documento identificativo.