Skip to main content
Lugo

O Concello de Lugo mellora a accesibilidade na avenida da Coruña

Por 21 Xuño, 2022Xuño 23rd, 2022Sin comentarios

O Concello de Lugo comezou unha nova intervención para mellorar a accesibilidade na contorna da avenida da Coruña.

Así o explicou o edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, quen explicou que “con esta actuación mellorarase a altura dos rebaixes dos pasos de peóns, adaptacións específicas para garantir que as persoas con mobilidade reducida poidan circular pola vía pública sen barreiras”.

A concellería de Infraestruturas Urbanas realizou nos últimos anos en preto dun cento de rúas espalladas por toda a cidade. Penas explicou que “ademais de realizar máis de 50 pasos de peóns elevados, que garanten que o cruce sexa a cota 0, nos últimos anos actuamos nun importente número de pasos de peóns para mellorar os rebaixes”.

Alexandre Penas lembrou que “desde a concellería de Infraestruturas traballamos nos distintos barrios da cidade, mellorando a estética da zona e as condicións de vida da veciñanza, e planificando o traballo segundo as solicitudes das veciñas e veciños”.