Skip to main content
Palas de Rei

Palas acolle un curso da Universidade de verán da USC

Por 14 Xuño, 2022Sin comentarios

O Benestar Comunitario é primordial no Camiño de Santiago. Así o considera a USC que está a organizar, dentro do programa Universidade de Verán, un curso no que se examinará o éxito do Camiño de Santiago ao seu paso pola Comarca da Ulloa.

O curso terá lugar do 29 de xuño ao 2 de xullo no Complexo Arqueixal, en Santa María de Albá, no concello de Palas de Rei. Baixo a dirección de Emilio V. Carral Vilariño, 30 persoas poderán participar neste curso de 32 horas lectivas.

Segundo a propia descrición do curso, o Camiño de Santiago configúrase como unha fórmula utilizada e postulada para o desenvolvemento local e comarcal nos concellos por onde pasa, tanto para institucións públicas como entidades privadas.

Consideran as comunidades locais este fenómeno como beneficioso? Este curso pretende analizar, nunha perspectiva holística, as dinámicas que produce o conxunto “Camiño de Santiago” nas comunidades locais e fornecer instrumentos de análise.

O prazo de inscrición e matrícula todavía está aberto.