Skip to main content
Pedrafita

Tomé confía no Goberno para solucionar o problema do viaduto do Castro

Por 19 Xuño, 2022Sin comentarios

O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, agradeceu a visita realizada pola Ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, para interesarse pola situación xerada logo do afundimento do viaduto do Castro na autovía A-6.

“A Ministra trasladounos o máximo compromiso do Goberno de achegar todos os recursos técnicos e económicos necesarios para determinar as causas e poder restablecer a circulación nunha vía que é fundamental para as comunicacións na provincia de Lugo e en Galicia”, subliñou o líder dos socialistas lucenses.

Os danos na ponte non provocaron feridos nin vítimas mortais e Tomé Roca insistiu en que “a rapidez da solución ten que vir sempre subordinada ás garantías de seguridade das persoas”. “O primeiro é coñecer as causas polas que se afundiu unha gran obra pública con apenas dúas décadas de vida útil, para ter a certeza de que a solución se deseña con todas as garantías”, subliñou.

As obras do viaduto do Castro foron licitadas no ano 1997, baixo o primeiro Goberno de José María Aznar e sendo ministro de Fomento Rafael Arias-Salgado.

Sobre as causas do accidente, o Secretario Xeral dos socialistas na provincia sinalou que a Ministra trasladou “toda a información dispoñible, con total transparencia e rigor, como fixo o Goberno dende o primeiro momento, pero Socialistas na Provincia de Lugo estamos ante un suceso complexo e os técnicos aínda non teñen unha explicación definitiva das causas”. Neste sentido, José Tomé destacou que están traballando os mellores técnicos especialistas a nivel mundial nestes temas e as mellores empresas para acometer as actuacións, tal e como ratificou onte a Ministra.

e Goberno coa solución dos problemas de Lugo. Unha confianza que, claramente, respaldan os feitos”, recalcou José Tomé.

En relación con isto, o Secretario Xeral pediu ás forzas políticas “sentido da responsabilidade e que non se trate de sacar rédito electoral cun suceso destas características. Como non o estamos a facer os socialistas, que non insinuamos  que a responsabilidade sexa do PP porque a obra se fixese durante un goberno do seu partido”.

Engadiu ademais que “non ten sentido reclamar prazos concretos para a reconstrución do viaduto nin tampouco responsabilidades cando aínda carecemos dun informe técnico que aclare as causas. Ata coñecelas con certeza non se pode deseñar un proxecto que recupere a normalidade na A-6 garantindo ademais a seguridade e aportando a certeza de que a obra vai durar no tempo”, subliñou.

PRAZOS

Sobre os prazos, José Tomé lembrou que cando o pasado mes de marzo se afundiu un tramo da estrada autonómica LU-651, entre Folgoso do Courel e Quiroga, “a Xunta dixo que a solución non ía ser rápida e pediu tempo para determinala, e que a reconstrución suporía ter a vía cortada un ano e medio.

Non son sucesos comparables, pero quen reclamaba tempo para recuperar un pequeno tramo dunha estrada de montaña, non pode esixir presas para reconstruír un viaduto nunha gran autoestrada”.

O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo reiterou a confianza dos socialistas no compromiso do Goberno para dar solución ó problema da ponte do Castro na A-6. “Nós imos ser esixentes, por suposto, como facemos sempre en todos os temas que afectan á provincia, dende o partido e dende as institucións nas que gobernamos, pero temos confianza no compromiso dest