Skip to main content
Chantada

Arranca a 39 Feira do Viño de Chantada

Por 3 Xuño, 2022Xuño 5th, 2022Sin comentarios

Os mellores caldos da Denominación de Orixe Ribeira Sacra danse cita esta fin de semana na tradicional Feira do Viño de Chantada. Dende esta tarde, ás 20 horas, propios e estraños poderán degustar as distintas variedades de viños novos, tanto brancos coma tintos.

Así, ás 20.00 horas terá lugar a apertura dos stands das adegas participantes, comezarán os cantos de taberna a cargo de Son Outeiro e a charanga Unión Phenosa que animarán a zona ata ás 23,00 horas cando os asistentes poderán gozar do grupo Claxxon.

No día de mañá, sábado 4, a festa arrancará ás 11.00 horas, cos gaiteiros Os Barrios e Searas que animarán as rúas. Ás 12.00 horas será o turno do concerto da Agrupación Tradicional da Casa da Música e, ás 13.00 horas p turno da Banda de Música Municipal de Chantada.

Pola tarde, ás 17.00 horas comezarán as actuacións coas charangas Mekanika, Festicultores Troupe e Searas. Música que dará inicio á VI Cata Popular. Á noite, a orquestra Pontevedra farase cargo da verbena.

A cata oficial da XXXIX Feira do Viño de Chantada arrancará o domingo ás 10.30 horas coa animación musical dos gaiteiros Os Barrios. A charanga NBA e a Banda de Gaitas do concello amenizarán a mañá ata ás 13.00 horas cando se levará a cabo a lectura do pregón.

Ao longo da tarde, diferentes grupos musicarán á festa que rematará a partir das 21.00 horas coa verbena a cargo da orquestra Saudade.