Skip to main content
Quiroga

Os quirogueses concentráronse diante do Concello para protestar polo servizo de telefonía móbil

Por 21 Xuño, 2022Xuño 22nd, 2022Sin comentarios

Ante o mal funcionamento do servizo de telefonía móbil ofrecido por Movistar na comarca, con cortes que moitas veces sobrepasan as 24 horas, o 20 de xuño tivo lugar unha concentración na que participou parte do goberno local. Esta sucedeu ás portas da Casa do Concello de Quiroga.

Veciños do Val de Quiroga quixeron sumarse á protesta polo nefasto servizo que esta compañía vén ofrecendo nos últimos meses. Son moitos os servizos básicos que quedan totalmente paralizados para poder desenvolver a súa actividade, pois prodúcense cortes na internet e na telefonía móbil, provocando que a meirande parte da veciñanza quede incomunicada por completo.