Skip to main content
O Páramo

Remata hoxe o prazo para apuntarse á XXV Festa dos Avós do Páramo

A xuntanza realizarase o vindeiro día 10 de xuño, cadrando coas XLIV Feiras e Festas da Primavera.

O encontro está formulado para todas aquelas persoas maiores de 65 anos, cóncuxes e xubliados. Mais tamén poderá acudir, pagando 25 euros, quen non estea empadroado ou non cumpra os requisitos.

Hoxe é o último día para anotarse nas oficinas municipais. Para iso, os interesados deberán levar consigo o DNI ou a tarxeta de pensionista. Tamén poden chamar por teléfono ás oficinas do Concello para acadar máis información.