Skip to main content
Samos

Praducelo de Lóuzara celebrou as súas festas na honra de San Antonio

Por 12 Xuño, 2022Xuño 14th, 2022Sin comentarios

O núcleo samoense festexou esta cita tradicional logo de dous anos.

Os veciños da aldea de Praducelo vestiron os seus traxes de gala no día de onte para render tributo a San Antonio. Despois de dous anos nos cales a pandemia impediu os festexos, este ano, coa mellora da situación sanitaria, propiciouse este  encontro popular.

A xornada comezou coa alborada e a misa solemne ás 13.30 horas.  Proseguiu coa tradicional procesión e sesión vermouth, a cal estivo animada pola Charanga de Paradela. Logo do xantar de fraternidade, este mesmo conxunto musical  foi o encargado de facer danzar a todos os presentes na sesión de tarde que se iniciou ao redor das 17.30 horas.