Skip to main content
Samos

Samos abre o prazo de presentación de solicitudes para contratar a un tractorista

Por 21 Xuño, 2022Xuño 22nd, 2022Sin comentarios

O contrato de traballo como tractorista abranguerá un período de medio ano.

O Concello de Samos comezou co proceso de escolla para contratar a un tractorista por seis meses. O prazo para que se presenten as instancias foi aberto  este 21 de xuño e constará de cinco días hábiles. Para poder acceder a este posto, cómpre que os demandantes do emprego teñan no seu haber o carné de conducir tipo C amais do correspondente graduado na ESO ou equivalente.

A persoa seleccionada terá por tarefas a cumprir executar traballos de desbroce ou velar polo adecuado estado das vías. O contrato será relaizado en xornada completa e a súa financiación será aportada mediante o plan único da Deputación Provincial de Lugo neste 2022.