Skip to main content
Samos

O BNG celebra a súa Festa da Patria en Samos

Por 30 Xuño, 2022Xullo 4th, 2022Sin comentarios

Será o vindeiro 3 de xullo, a partir das 13.30 horas, ao final do Malecón, ao lar da capela do Ciprés.

O Bloque Nacionalista Galego de Lugo celebra a súa tradicional Festa da Patria, que este ano se festexará na localidade de Samos. Contará cun xantar de irmandande e actuacións musicais. Será o vindeiro b3 de xullo ao final do Malecón, ao lar da capela do Ciprés.

Haberá intervencións políticas por parte do deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, a concelleira do BNG en Samos, María Jesús López e por parte da mocidade do BNG, Galiza Nova, Ada Blanco.

Tamén está previsto que se sirvan empanadas, lacón asado, bebidas… E todo isto acompañado de música ao longo dfa tarde.

A deputada do Parlamento galego, Olalla Rodil, animou a participar neste evento “será unha Festa da Patria de reencontros, xa que estivemos dous anos sen poder celebrala por mor da pandemia, polo que lanzamos un convite a todas e todos a celebrar o que máis nos une, o amor a Galiza” declarou Rodil.

Deste xeito, a formación frontista pon en marcha os actos previos á celebración do 25 de xullo en Compostela, Dia da Patria Galega.

Quen así o desexe poderá anotarse chamando ao 982 280 410.