Skip to main content
Comarca TERRACHÁXA

Comezan los labores de prevención de incendios forestais na Terra Chá

Por 10 Xuño, 2022Sin comentarios

As actuacións de prevención lévanse a cabo nos montes dos concellos da Pastoriza, Pol, Begonte e Castro de Rei.

A Consellería de Medio Rural está executando traballos preventivos dentro do Distrito forestal X Terra-Chá, que consisten fundamentalmente na mellora de pistas, cortalumes e desbroces de faixas auxiliares. Realízanse en terreos de xestión pública e en zonas de alto risco de incendio (ZAR).

As actuacións de prevención lévanse a cabo nos montes dos concellos da Pastoriza, Pol, Begonte e Castro de Rei.

A realización de faixas auxiliares e desbroces das cunetas das pistas facilitará o traballo de extinción do lume nas zonas localizadas estratexicamente, e nas áreas cortalumes rozarase a vexetación existente co fin de mellorar as liñas de defensa. O labor realizado nas pistas forestais inclúe a colocación de pasos de auga onde sexan necesarios para facilitar o acceso nas vías de comunicación ao monte para o persoal encargado da extinción.

A suma das accións en hectáreas ascende a máis de 131, das cales 83 hectáreas son de melloras de cortalumes. O resto das zonas de actuación divídense na roza e desbroce de faixas e pistas. Actúase tamén sobre 50 quilómetros de pistas forestais na limpeza de cunetas e no acondicionamento do terreo.

Estes traballos preventivos enmárcanse dentro do Plan preventivo que contempla unha inversión de case 32 millóns de euros para poder actuar en máis de 58.600 hectáreas do territorio e en case 5.800 quilómetros de pistas forestais e outras vías de comunicación.