Skip to main content
BegonteGuntín

O Pleno da Deputación aproba a cesión de dous treitos de estradas en Begonte e Guntín

Por 8 Xuño, 2022Sin comentarios

O Pleno da Deputación tamén aprobou a cesión de dous treitos de dúas estradas de titularidade provincial aos concellos de Guntín e Begonte. Unha decisión que foi acordada logo de que as dúas administracións locais solicitasen a titularidade.

No caso do Concello de Guntín, a Deputación cede un treito da estrada LU-P-2405 entre os puntos quilométricos 8,433 e 9,004. E no caso do Concello de Begonte, aprobouse o cambio de titularidade do tramo da estrada provincial LU-P-0801 dende o punto quilométrico 0,000 ao 0,475.