Skip to main content
Guntín

Ángel Pérez xa é alcalde de Guntín e o rexedor máis novo da provincia

Por 24 Abril, 2024Sin comentarios

O graduado en INEF e árbitro de fútbol de 27 anos substitúe a María José Gómez, nova conselleira de Medio Rural

Ángel Pérez faise coa Alcaldía do Concello de Guntín tras substituír a María José Gómez, nova conselleira de Medio Rural, e convértese así, aos seus 27 anos, no rexedor máis novo de toda a provincia.  O nomeamento fíxose efectivo nun pleno extraordinario nove días despois de que a anterior rexedora tivera que renunciar ao cargo pola incompatibilidade coas súas novas responsabilidades no Goberno de Alfonso Rueda.

Gómez entregoulle o bastón de mando ao novo alcalde que se sinte moi satisfeito aínda que o nomeamento supuxo “unha sorpresa total para min e tamén para María José, se mo contan fai unhas semanas non mo creo”, contaba antes da toma de posesión. No acto, destacou que comeza esta nova etapa con ilusión e con ganas de “traballar por Guntín” apoiado por todo o seu equipo de goberno. As palabras de agradecemento non faltaron na xornada, tanto para a súa familia e amigos como para os que o precederon no cargo, María José Gómez e Jesús Carreira, que tamén o acompañaron no pleno.

Tamén aproveitou para subliñar o seu compromiso absoluto para o municipio e a veciñanza. Antes da súa investidura, fíxose efectiva a entrada de María Lamazares Álvarez á corporación municipal, pois ocupaba o número once da lista do PP. O licenciado en INEF e árbitro de fútbol de 28 anos, natal da parroquia de Santa Cruz da Retorta, leva menos dun ano como como membro do equipo de Goberno, pois entrou de número 9 nas pasadas municipais, celebradas en maio, cando o PP se facía con dez dos once concelleiros no municipio.

Responsable da concellería de Deportes

Ángel Pérez foi responsable da concellería de Deportes, cargo que ocupou con dedicación exclusiva. A pesar da súa curta experiencia, estes meses servíronlle para coñecer máis aos veciños e asegura que toma o relevo dos mellores. “Sei que María José me vai axudar. Vivín tanto o seu exemplo de Goberno como de Jesús Carreira que para min son dous exemplos a seguir”.

Cursou os seus estudos no CPI Tino Grandío e no IES Lucus Augusti, para logo graduarse en Ciencias da Actividade Física e o Deporte en A Coruña. O futuro alcalde, que forma parte das filas populares dende o 2019, ano que se afiliou a Novas Xeracións, é un gran amante do deporte, xa que exerce como árbitro da Real Federación Galega de Fútbol e práctica disciplinas como o pádel. Ademais de facerse cargo da área de Deportes do Concello de Guntín, era un dos monitores habituais dos cursos e actividades organizadas no municipio