Skip to main content
Vilalba

Os alumnos de intercambio en Burela foron recibidos no Concello vilalbés

Por 9 Xuño, 2022Sin comentarios

Vilalba acolleu hoxe ao alumnado do IES Monte Castelo de Burela, no marco dun programa de intercambio educativo e cultural co CEIP Terra Cha de Román. A actividade, baixo o nome de Os camiños da terra, os camiños do mar busca coñecer ambas vilas mediante visitas educativas no eido cultural, educativo e patrimonial.

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, e a concelleira de Educación, Infancia e Mocidade, Antía Rama, acompañaron ao alumnado na súa visita. A rapazada de Vilalba fai de anfitrioa para os pequenos/as de Burela nesta iniciativa, ensinándolle a súa vila.

O grupo de Burela coñeceu hoxe diferentes puntos de Vilalba, como a Torre dos Andrade, a Praza da Constitución, a praia fluvial ou a casiña do Ratiño Pérez. Na organización da actividade contouse coa colaboración da oficina de turismo de Vilalba, quen facilitou o material informativo.

Na visita que realizarán a Burela, o alumnado de Vilalba coñecerá a súa lonxa e barco museo da vila.

Dende o Concello de Vilalba agradecen o esforzo do profesorado de ambos centros, por esta iniciativa pioneira para descubrir o patrimonio de ambos municipios. Tamén agradecen o labor da Oficina de Turismo de Vilalba, pola súa axuda e facilitar o material para a actividade.