Skip to main content
Xermade

O Pleno de Xermade respalda a petición á Xunta da delimitación do Camiño Real

Por 20 Xuño, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

Na reunión do último Pleno xermadino destaca na parte resolutiva a solicitude á Xunta de Galicia de aprobación da delimitación do tramo Vilalba-Betanzos como integrante do Camiño Norte de Santiago, tamén chamado Camiño Real, recollendo a petición do denominado Grupo de Amigos do Camiño Norte (tramo Vilalba-Betanzos).

Por outra banda, tamén se aprobou o Plan de Medidas Antifraude, que vai permitir ao Concello de Xermade garantir que os fondos correspondentes ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia que vai xestionar e executar se empreguen de conformidade coas normas aplicable á prevención, á detección e corrección da fraude, a corrupción e os conflitos de intereses. Será a Secretaría-Intervención municipal o órgano encargado da implantación e control deste plan.

Na parte de fiscalización e control, deuse conta dos envíos realizados á Oficina Virtual de Coordinación Financeira coas Entidades Locais, entre o que destaca o Período Medio de Pago do primeiro trimestre: 13,75 días.
Tamén se deu conta do informe-resumo dos resultados do control interno no exercicio 2021, e do Plan Anual de Control Financeiro do exercicio 2022, así como das resolucións da Alcaldía contrarias aos reparos efectuados pola Intervención no exercicio 2021.

O Pleno reunirase novamente en sesión ordinaria o segundo xoves do mes de agosto.