Skip to main content
Xermade

A ITV móbil agrícola estará en Xermade en xullo

Por 25 Xuño, 2022Xullo 5th, 2022Sin comentarios

A unidade móbil da ITV estará os días 1, 4 e 5 de xullo en Xermade para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas.

O horario de atención será de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas, agás o día 1 que será só de mañá.

A unidade móbil estará situada xunto á nave municipal de usos múltiples do parque empresarial.

Para participar é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.