Skip to main content
BurelaMar AMARIÑAXA

A XXXVI Feira do Bonito xa ten cartel anunciador

Por 15 Xullo, 2022Sin comentarios

A Sociedade Cultural Ledicia de Burela vén de resolver o concurso de carteis convocado co gallo da XXXVI Feira do Bonito que se celebrará o 6 e 7 de agosto.

Esta nova edición, contará co apoio do Concello de Burela, empresas e institucións que habitualmente colaboran para levar adiante a Feira do Bonito.

O concurso contou con dúas categorías, A, ata 14 anos, e B, maiores de 14 anos. A gañadora na categoría A foi Ximena Riopedre Orosa e o seu deseño servirá para o programa de man.

No tocante á B, A asociación A Mariña – CRPL Viveiro, foron os premiados e polo tanto o seu deseño será o encargado de anunciar as festas no cartel.

Os premios consistirán en obsequios representativos da Feira e serán entregados o propio día da celebración