Skip to main content
Axenda CaducadaCervo

Regresa o Festival de Sargadelos con máis forza que nunca

Por 14 Xullo, 2022Xullo 25th, 2022Sin comentarios

Regresa o Festival de Sargadelos con máis forza que nunca despois da interrupción provocada pola pandemia, e programan unha fin de semana chea de actividades diversas e para toda a familia.

O festival comezará o sábado 23 de xullo á tardiña cunha Foliada Tradicional. O domingo será o Día Grande que comezará con deporte da man do II Trail de Sargadelos e da Andaina, que partirán ás 9:00 horas e ás 9:30 horas, respectivamente. Está aberta a inscrición no enlace https://ccnorte.com/…/id/2371/ii-trail-de-sargadelos-2022.

A continuación todos os visitantes poderán degustar as marabillosas espetadas mouras que con tanto agarimo van preparar os colaboradores da asociación Amigos da Troula.

Á tardiña darán comezo os concertos da man de XMaseda65, para seguir con Cachas & Cousins, Joni Ramos & Sunday Morning Club, Gin Toni’s e rematar coa guinda do pastel, King África. Ao remate amenizará a Disco Movil Conxuro.

Para rematar, na xornada do luns, a sesión vermú correrá a cargo do grupo JB Son.

A cita foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, pola edil de Cultura e o concelleiro de Deportes, David Rodríguez, e Dolores García Caramés, respectivamente, e por unha representación da asociación Amigos da Troula, colaboradores do Festival.